
Convenios
Convenio Administración de Xustiza

Protocolo de colaboración subscrito o 20 de maio de 2013 polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a prestación de asistencia pericial á Administración de Xustiza.
Convenio Consellería de Industria e Comercio

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e os Colexios Oficiais de Peritos e Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Vigo e Ourense, e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Tecnicos Industriais da Coruña, para o desenvolvemento das actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia.
Convenio de colaboración con ATRIGA

COETIVIGO subscribiu un Convenio de colaboración en virtude do cal os colexiados poderán ser considerados colaboradores sociais coa Axencia Tributaria de Galicia, tendo a posibilidade de levar a cabo a tramitación dos procedementos de xestión tributaria seguintes en representación de terceiros que llo soliciten.
Convenio de colaboración con UVIGO

Convenio de colaboración entre a Fundación Universidad de Vigo e COETIVIGO para a impartición de cursos de linguas modernas.

Convenio marco de colaboración entre COETIVIGO e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento deas competencias e capacidades profesionaia das persoas, ampliando e actualizando os coñecementos, técnicas ou habilidades con relación aos aspectos propios do exercicio profesional da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Convenio de colaboración co CCi

O 5 de marzo de 2015 COITIVIGO subscribiu un convenio de colaboración co Centro de Ciberseguridad Industrial (CCi), unha organización sen ánimo de lucro cuxa misión é impulsar e contribuír á mellora da Ciberseguridade Industrial desenvolvendo actividades de análises, desenvolvemento de estudos e intercambio de información sobre o conxunto de prácticas, procesos e tecnoloxías , deseñadas para xestionar o risco do ciberespazo derivado do uso, procesamento, almacenamento e transmisión de información utilizada nas organizacións e infraestruturas industriais.
O obxecto do Convenio é establecer o marco e guía para a realización en común de actividades de divulgación, de formación e de investigación que redunden en beneficio de ambas as partes.

