UAITIE

UAITIE - Unión de Asociaciones de Ingenieros Técnicos Industriales de España

A Unión de Asociaciones de Ingenieros Técnicos Industriales y Graduados en Ingeniería de la rama industrial de España, (UAITIE), é unha Entidade asociativa sen ánimo de lucro de ámbito nacional constituída por tempo indefinido, dotada de personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins. Está formada por 38 Asociacións provinciais con preto de 50.000 socios.

Conforma co Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Técnicos Industriales de España (COGITI) a representación, defensa e intereses dos nosos profesionais.

Entre as súas funcións tamén desenvolve un amplo programa en liñas subvencionables e de axudas en distintos organismos e institucións públicos. Realiza un programa para impulsar as vocacións de Enxeñería na contorna preuniversitaria a través do Premio Nacional de Iniciación á Investigación Tecnolóxica.

Ten presenza en Europa mediante a consultoría que dispón en Bruxelas.

O Portal da UAITIE está accesible aquí

Acceder