Historia (Fotografía de Vigo)

Historia

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo leva máis de medio século contribuíndo ao prestixio da profesión e ao desenvolvemento de Vigo e a súa área de influencia.

Como sucesor da Asociación de Peritos Industriais de Galicia (1918), o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (1958) desenvolve o seu labor de coordinación da actividade dos Enxeñeiros Técnicos Industriais e titulados de Grao da Rama Industrial, sen cuxa labor non sería posible explicar o nivel de importancia e de desenvolvemento da cidade de Vigo e a súa área de influencia nos últimos 100 anos.

COETIVIGO foi, ademais, o xerme orixinario dos COETI da Coruña (1975), Lugo (1992) e Ourense (1994), constituíndose así nunha institución relevante na cidade, que a recoñeceu como “Vigués Distinguido” no ano 2009.