Icono de una lupa para realizar búsquedas

Select your language

cabecera Premio COITIVIGO TFG

Premio COETIVIGO ao mellor TFG da EEI de Vigo
Edición 2026 (TFG presentados en 2025)

 

COETIVIGO, en colaboración coa Dirección da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, convoca a edición 2026 do Premio ao Mellor Traballo Fin de Grao presentado na devandita Escola a longo do ano 2025, co fin de recoñecer a excelencia académica, técnica e profesional do alumnado egresado, así como de reforzar os vínculos entre Universidade, profesión colexiada e industria.

Establécense dúas categorías:

  • Xeneral: TFG de calquera das titulacións de Grao impartidas na Escola
  • Proxectos Clásicos de Enxeñería: TFG de alumnos de titulacións que dan acceso á profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial e que respondan á lóxica propia do proxecto clásico de enxeñería: deseño, cálculo e, no seu caso, desenvolvemento dun prototipo, instalación, proceso, sistema produtivo ou obra industrial, incluíndo normalmente os documentos de: Memoria (incluíndo cálculos), Planos, Prego de Condicións e Orzamento.

Cada categoría estará dotada cun premio económico de seiscentos euros (600,00 €) netos e diploma acreditativo.

As candidaturas deben presentarse en COETIVIGO seguindo as indicacións e coa documentación que se indica nas Bases da convocatoria, que xunto cos formularios necesarios estará dispoñible nesta Web nos próximos días.

O prazo de presentación será do 25 de maio ao 25 de xuño de 2026.

Presentar a través do enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Esperamos que con esta convocatoria promocione o talento novo, a colexiación e a valorización do Traballo Fin de Grao como primeiro exercicio integrador de competencias propias do ámbito industrial.

eei uvigo

Bases e anexo da convocatoria

Premio TFG2026 COITIVIGO