Icono de una lupa para realizar búsquedas

Select your language

125 anos (1901-2026) da Enxeñería Técnica Industrial en Vigo... Cos ollos do 'Des...tornillo'

Como xa temos informado, este ano se celebra o 125º aniversario da posta en marcha dos estudos de Enxeñería Técnica Industrial en Vigo, comezados en 1901 e pioneiros da enxeñería en Galicia.

COETIVIGO e a Escola organizamos a exposición "125 anos (1901-2026) da Enxeñería Técnica Industrial en Vigo... Cos ollos do 'Des...tornillo''', coa que queremos recuperar, poñer en valor e divulgar unha iniciativa cultural e social que deixou una pegada moi singular en Vigo durante o terceiro cuarto do século XX, xunto coa súa revista homónima.

DES TORNILLO FOTO 01 DES TORNILLO FOTO 02

Trasladámosche esta invitación á inauguración da exposición, que se desenvolverá na Sede Cidade da EEI de Vigo (antiga "Escola de Peritos"), o xoves 29 de outubro de 2026 ás 19.30 horas.

O programa resumido dos actos a desenvolver no evento, cunha duración estimada de unha hora, é o seguinte:

  • Presentación do acto.
  • Qué foi 'O Des...tornillo'?
  • Intervencións de participantes no 'Des...tornillo'.
  • Peche do acto.

DES TORNILLO ICONO