A Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da Rama Industrial de Pontevedra ten plena personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins sociais e profesionais, e réxese polos seus propios estatutos.

A Asociación estará integrada por socios numerarios, pre-asociados e socios de Honra.

  • Socios numerarios: Os Enxeñeiros Técnicos Industriais, titulados con arranxo aos plans de estudos anteriores ao Real decreto 1497/1987, de 27 de novembro, os titulados conforme aos reais decretos 1402/1992, 1403/1992, 1404/1992, 1405/1992 e 1406/1992, todos eles de 20 de novembro, e os titulados universitarios en calquera Escola de Grado nos campos do ensino técnico propios da enxeñería da Rama Industrial.
  • Pre-Asociados: Os alumnos das Escolas que impartan as titulaciones anteriormente citadas que se atopen no último curso de carreira poderán ter acceso a cantos servizos presta a Asociación, coas limitacións definidas pola súa Xunta Directiva, sen ter voz nin voto nas Xuntas Xerais, nin poder ser elixidos para cargos directivos.
  • Socios de Honra: Aquelas persoas que a xuízo da Asociación reúnan os méritos suficientes para o outorgamento de tal distinción.

Entre as finalidades e funcións descritas nos Estatutos atópase a de fomentar, crear e organizar servizos e actividades que teñan como obxecto a formación e perfeccionamento profesional. Na Asociación se promoven actos, xornadas, seminarios, cursos e reunións sobre materias relacionadas, directa ou indirectamente, cos devanditos fins.

Constitúen, xa que logo, os fins da Asociación:

  • Fomentar a profesión dos Enxeñeiros Técnicos Industriais e titulados de Grado en Enxeñería da Rama Industrial en calquera Escola e co devandito fin, defender a mellora dos ensinos e as atribucións conferidas aos mesmos e desenvolver as iniciativas que lle sexan expostas polos asociados, mantendo un eficaz servizo de información en todo aquilo que se refire aos asuntos relacionados coa profesión.
  • Cooperar coa industria, autoridades e entidades ou corporacións económicas, privadas ou públicas, para o estudo dos problemas económico-industriais e técnico-industriais, tanto de interese local ou rexional, como de carácter estatal ou de repercusión internacional.
  • Establecer relacións coas demais organizacións técnicas industriais e Asociacións españolas ou internacionais, podendo integrarse nas dun e outro carácter, de seu ou a través de Federacións e Confederación de Asociacións.
  • Realizar o labor cultural, científica e técnica relacionada coa Enxeñería Técnica e adicar unha preferente atención á formación permanente do Enxeñeiro Técnico Industrial.
  • Promover a formación continua ou permanente do profesorado e colaborar coas institucións educativas para programar e realizar actividades de formación científica e técnica.
  • Cooperar con outras organizacións e asociacións profesionais de Enxeñeiros Técnicos Industriais en problemas de interese común.
  • Colaborar con calquera entidade de previsión que para beneficio dos seus asociados se creara.
  • Velar polo prestixio e os intereses xerais dos seus asociados.
  • Informar á Administración Pública, calquera que sexa o seu ámbito territorial, de cantos asuntos industriais, económico-industriais e técnico-industriais, sexan de interese, así como asesorar aos mesmos cando sexa requirida para iso.
  • Calquera outros fins que acorde a Xunta Xeral, sempre que garden relación coa profesión e non se opoñan ás disposicións legais vixentes.
Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo © 2014-2019. Todos os dereitos reservados.